ARROZ CON LUBRIGANTE E AMEIXAS

Pois hoxe, no día do meu cumpreanos, cada vez  me gusta menos lembralo jejeje, vou facer un dos pratos, que mais me enche, tanto para facer como para comer, e ademais un dos que sendo moi tradiccional, ten moito exito ala onde  vou, e tratase precisamente do Arroz con Lubrigante.
Un prato este, que despois de traballar en distintos sitios, e incluso pasando por a Escola de Hosteleria, se fai de moitas maneiras distintas.
Este prato podo decir que o collin de prestado por un gran Xefe de Cociña que tuben, moi bo profesional, e que se chama Manuel San Roman, de coñecida traxectoria como cociñeiro e xefe de cociña, e que coincidimos traballando no Restaurante Manolito da Coruña. A sua forma de mimar o producto era moi natural, non utilizaba mais que verduriñas, moitas gornicions, facía unha cociña dende a base, algo que eu logo collin como referencia e emprego moi a fondo a día de hoxe.
Pois imos aló, o primeiro que debemos de ter antes de empezar a facer o prato, e fumet de peixe, que faremos coas cabezas e espiñas de peixe, preferiblemente peixes brancos xa que non lle dan un sabor tan forte o caldo,  mais verduriñas e auga, tamen salsa de tomate, pimentos vermellos e verdes, cebola,brandi, azafran, arroz e loxicamente lubrigante mais ameixas. .

A preparacion e moi sinxela, troceamos o lubrigante,salgamolo  e douramolo na carecorala, ben sexa de barro ou de metal ou incluso nunha paella, con un pouquiño de aceite de oliva que non teña moita accidez, unha vez que esteña ben dourado engadireille as verduriñas, o arroz, eu neste caso utilizo arroz de Calasparra, flamexamolo engadimos o fumet de peixe, a salsa de tomate e o azafran. O final de todo antes de ir o forno metereille unhas ameixiñas e sazonareino ben de sal. 
A verdade, non ten moito aquel, pero si que de facelo unha persoa a outra ai a sua diferencia, este arroz e importante que sexa caldoso e o tempo de preparacion deste prato e de aproximadamente uns 30 minutos.
E un dos pratos mais solicitados na nosa casa, e sempre tendo en conta, que o mínimo que se fai e para duas personas, o que leva moitas veces a que escoller este prato sexa mais dificil, porque teñen que estar os dous comensais de acordo.