BISCOITO DE CHOCOLATE LIQUIDO CON MANDARINA

Imos facer un dos postres que temos na nosa carta e que incluso incluimos en algún dos menús concertados que ofrecemos para grupos.

Unha sobremesa que apetece en calquera época do ano, que é moi doado de facer, pero no cal o mais importante, ademáis de facer ben as pesadas como en todas as receitas de sobremesas, é o tema da cámara de cocción, xa que o forno terá que estar a unha determinada temperatura durante un tempo exacto para que o chocolate no interior do biscoito quede totalmente líquido, xa que é realmente o encanto do postre. Para facer esta receita utilizaremos un chocolate negro de boa calidade con un 55% de materia grasa, aportarémoslle mais grasa coa manteiga, ovos, sucre e fariña. Fundiremos o chocolate ó baño maria, faremos o mesmo coa manteiga para despois misturar todo, engadiremos o sucre e misturamos, logo votamos os ovos de un en un e traballamos, terminaremos engadindo de golpe a fariña, para terminar vertendo a mistura en moldes previamente untados con manteiga. Unha elaboración moi sinxela, xa que a diferencia de outro tipo de biscoitos non precisaremos montar os ovos co sucre, quen vai a facer o traballo mais importante, volvo a decir será o forno, xa que os teremos que meter cando alcanza unha temperatura de 220 º C durante 8 minutos.

Acompañaremolo con un xeado de laranxa, ou mandarina, ó gusto de cada quen, neste caso optamos polo segundo.

                                                        Suso Rodríguez

 

BISCOITO DE CHOCOLATE LÍQUIDO CON XEADO DE MANDARINA

BISCOITO DE CHOCOLATE LÍQUIDO CON XEADO DE MANDARINA.

Un dos postres estrela no Restaurante Portofino, que loxicamente ó igual que o resto dos pratos se pode degustar en calquera das zonas do local, non necesariamente no restaurante.
Postre moi sinxelo no cal o mais importante ademais de facer ben as pesadas, e o tempo do forno, mais a temperatura.
Os ingredientes para facer esta sobremesa son; chocolate negro, manteiga, sucre, ovos e fariña de trigo.
O xeado que acompaña o biscoito, facemolo coa pulpa da mandarina e unha proporcion de almibar, esta sempre dependerá da accidez que teñan as mandarinas.