Brownie con Xeado de Vainilla

Pois hoxe toca falar destre postre, un postre que como moitas outras cousas apareceu de casualidade nas nosas cociñas, é de orixe americano, e din de el, que foi un cociñeiro estadounidense o que un mal día para el, " pero bo maís tarde",se lle esquenceu votar levadura a un biscoito de chocolate que estaba a facer con froitos secos, lle costaba facerse, xa que non lle medraba, e de ahí ese sabor tan intenso a chocolate e tan peculiar, é un postre que se soe servir mais ou menos quente e acompañado dun xeado.
Esta composto principalmente de chocolate puro, manteiga, ovos, azucre, fariña e froitos secos ( amendoas, noces, uvas pasas....) podemos xogar con moitos froitos secos eu escollín estos.
Tamen o acompaño con un xeado de elaboración caseira, no cal emprego; ovos, leite, nata,azucre, a vainilla de tahiti, fundamental, cada vez que abro unha vaina desta codiciada vainilla, arrecende por toda a cociña, dan ganas de comela crua, esto todo traballado e cociñado os grados centigrados que maten as bacterias do ovo para evitar todas as posibles intoxicacions. Este xeado logo o turbinarei na PACOJET unha maquina que teño posta no apartado dos trebellos e maquinas de cociña, que lle da unha textura especial os xeados.
A presentacion do prato a fago dunha forma moi sinxela, utilizo unha salsiña de chocolate branco, sobre a cal poño o brownie, o caron poño nunha cucharilla unha boliña deste fantastico xeado de vainilla e cruzo o prato con un cordon de froitos do monte.