CASTAÑETA Ó FORNO CON PATACAS PANEDEIRA E VINAGRETA DE TOMATE CONFITADO


CASTAÑETA OU PALOMETA Ó FORNO CON VINAGRETA DE TOMATE CONFITADO

En primeiro decir que estamos diante dun peixe azul, semigraso pero que ten moitas vitaminas importantes, un peixe que podemos atopar en calquera época do ano nas prazas ainda que na primavera sexa a época do ano na que escasea algo mais. Asi como con outros peixes fago sempre referencia a que as espiñas, aletas e a propia cabeza son moi apropiados para facer caldo de peixe, fumet de peixe, neste caso o tratarse dun peixe azul con sabor pronunciado non o aconsello tanto. Podense facer centos de receitas con este peixe, eso si debemos de ter moito tino en cociñalo, deberemos de pasalo pouco, un estilo moi parecido ó bonito.
Eu nesta ocasion voume inclinar por sacarlle a espiña, de esta forma parecera un prato mais elegante, levarame menos tempo cociñalo, e farei que os mais pequenos da casa poidan comelo sen temor a atoparse con espiñas inesperadas. Acompañareino con as tipicas patacas panadeira, xa que de esta forma tamen irei metendolles os pementos e cebolas que tanto lles custa comer ós pequenos, e ó mesmo tempo tamen adquiriran mellor o sabor do peixe, xa que este o faremos enriba delas.

Por outro lado, collerei uns tomates que namentras estou facendo as patacas, mais desespiñando o peixe, estarei confitando no forno con un pouco de sucre, vinagre de módena, un chorro de aceite e unhas polas de tomentelo, que unha vez confitados, picarei en dadiños, sen pel nin pepidas loxicamente, e misturados con un aliño de ensaladas, unha parte de vinagre por tres de aceite, cubriran os lomos da palometa cando os saque do forno e presente no prato.
Un prato moi sinxelo, moi barato para os tempos que estamos atravesando, pero que presentado dunha forma distinta e mimado, pode facer grande este peixe que non o é.