COSTELAR DE AÑO Ó FORNO CON PATACAS ASADAS E VERDURIÑAS GRATINADAS

Pois un prato moi sinxelo e tradiccional, que como unha complicacion que lle podemos atopar será a de sacarlle a carne do medio das costelas o lombo, para que nos sexa mais agradable a vista, e moito mais doado de comer.
Unha vez temos limpo o costelar salgamolo, e tamen lle votaremos un pouquiño de tomentelo, sen abusar, xa que é unha herba bastante forte, doraremolo na tixola que vaiamos a meter o forno, e botaremoslle uns dentes de allo, cebola, cenoura e algo de porro, deixaremos que tomen un pouco de cor, regamos con viño branco e daremoslle un tempo de aproximadamente 35 ou 40 minutos a uns 180 grados centigrados, cando leve uns 10 minutiños dentro, votaremoslle as pataquiñas que previamente xa frixiramos en crú, desta forma asaranse con todo o sabor do año.
As verduriñas coceremolas, para posteriormete saltealas con un pouquiño de allo, espolvorearemolas con pan relado e gratinaremolas, na parte alta do forno.
Un prato moi sinxelo, o cal recomendo fagades, estamos a falar de años que botan ó redor de 8 kg, son moi novos e tenros.