CREMA DE CALABACIÑO CON NAVALLAS DE FISTERRA E CRUXENTE DE XAMON


Imos preparar unha hortaliza que podemos atopar todo o ano nos mercados e prazas, ainda que as mellores datas soen ser precisamente no vran, ten moitas vitaminas e debería de formar parte das nosas gornicions e pratos mais do que o fai. Decir tamen que os mellores para cociñar como gornición son os de tamaño medio, xa que os que son moi grandes teñen moitas pepidas, polo tanto moito desperdicio, pero si que nos valerian perfectamente para aproveitar para o prato que hoxe elaboraremos.

         Os ingredientes que imos a utilizar para esta elaboración son: aceite de oliva suave, un chisco de cebola, un par de calabaciños de tamaño normal, un pouco de tona líquida, sal, navallas e xamón en lonchas finas. No aceite que poñemos no fondo da pota votamos a cebola picada non moi fina, xa que logo imos a triturar todo, sen que colla color votamos os calabaciños lavados e picados en dados grandes, con pel e pepidas, non se pelan, deixamos refogar por cuestión de cinco minutos a lume moderado, logo engadimos a tona líquida e un chisco de auga do grifo, deixamos que coza polo menos unha media hora, a lume lento, as cousas ben feitas fanse lentas, non apuradas, e despois pasaremos todo por unha túrmix, digo o do trebello eléctrico pero o mellor de todo seria un pasapurés. Despoís levaremola a ferver de novo, e acompañeromala con unhas navallas abertas a prancha, e unhas lonchas moi finas de xamón frixidas en aceite limpo. Receita sinxela pero moi completa