CREMA PARMENTIER CON TACO DE RABO DE BOI

No menú de hoxe poñeremos como case sempre un prato de culler, pero neste caso con un tropezon moi apetecible, un taco de rabo de boi prensado.

Falemos da crema; en primeiro lugar decir que Parmentier e toda aquela elaboración que está relaccionada coa pataca, enton debemos de saber que a base fundamental deste prato vai a ser dito tubérculo, o cal imos a refogar en manteiga con allos porros, e caldo de verduras suave, para despois de unha longa cocción, uns 40 minutos, pasar todo pola turmix ou esmagapures.

O que mais tempo nos vai levar vai ser facer o taco de rabo de boi, porque este sae dun rabo estofado, que unha vez cocido e desosado se prensa para posteriormente facer os taquiños e empanar, de este prato pronto falaremos tamen, xa que e un dos pratos que forman parte da nosa carta.

A presentación do prato moi sinxela e agradable, crema no fondo do prato, taco de rabo no centro, cuberto con uns allos porros fritos e un chorriño de aceite de oliva.

                                                                           Suso Rodríguez