DEGUSTACION DE APERITIVOS

DEGUSTACION DE APERITIVOS ( LAGOSTINO CON CECINA E QUEIXO EN BRICK, DELICIA DE QUEIXO SAN SIMON SOBRE MARMELO, DATILES RECHEOS DE
AMENDOAS CON TOUCIÑO ENTREFEBRADO SOBRE LOMBARDA )

Vou falar destes tres aperitivos que podemos empezar a degustar hoxe tanto na terraza como na zona da cervexeria de RESTAURANTE PORTOFINO; Dátiles recheos de Amendoa con Touciño Entrefebrado sobre Lombarda Mariñada: como o seu propio nome nos di consta dun dátil que previamente se lle sacou a sua pepida, para logo rechear con unha amendoa
enteira, e posteriormente albardalo con touciño entrefebrado (bacón). A Lombarda como xa falara tempos atras de ela, esta simplemente cortada moi fina e despois mariñada con un aliño moi similar o de calquera tipo de ensalada corriente ( unha parte de viñoagre por tres partes de aceite, este non demasiado denso)

Lagostino con Cecina e Queixo en Brick sobre Salsa de Pementos do Piquiño.
O lagostino pelamoslle o tronco conservando a cola, nunha pasta de brick cortada en forma de triandulo estenderemos a cecina mailo queixo e enriba de estes o lagostino pelado con anterioridade, pecharemolo como se dun caramelo se tratase e terminamolo no forno, a uns 200ºC aproximadamente durante uns 3 minutos. A salsa que leva na base do bol esta composta de allo, cebolla, pemento vermello, pementos do piquiño e un chisco de tona, unha salsa moi sinxela que tamen incluso e a que esta acompañando os croquetons de marisco que temos na carta.
Delicia de Queixo San Simon sobre salsa de Marmelo.

Prato moi sinxelo que consiste en facer unha bechamel coa textura que nos desexemos oportuna e engadir o queixo San Simón relado. A hora de terminar esta especie de croquetas en vez de pasalo por fariña, ovo e pan relado, faremolo por froitos secos, amendoas, noces. O marmelo tamen e colleita nosa, como case todo o que se pode degustar no RESTAURANTE PORTOFINO, no mes de setembro encargamonos de seleccionar os marmelos que mellor esten, preferiblemente das aldeas, e convertimolos en doce de marmelo, tamen o emprego moito como acompañamento na caza.