LAMPREA DO MINHO A BORDELESA

LAMPREA DO MINHO A BORDELESA.


Bueno o primeiro que me gustaría resaltar de este peixe que xa falei anos atras de el, e a sua forma de capturalo, e tamen o traballo que estan a desenrolar  os pescadores do Rio Minho. Estos pescadores fan o seu traballo da forma mais artesanal posibel, seguindo coas tradiccions de anos atras, que pasou de pais a fillos e fan posibel que estas maravillosas pezas cheguen ós nosos restaurantes da mellor maneira posibel. Teño que decir que xa levo mais de tres lustros elaborando a lamprea, xeralmente decianme que era do rio Miño mais do rio Ulla, e ata este ano nunca prepará a autentica lamprea do rio MInho. A mediados do vran tentei poñerme en contacto con Benito, un home que xunto con outros pescadores do Rio Miño  empezou o ano pasado con este proxecto, eu vira un documental na TVG sobre a pesca e captura deste e peixe e deixoume bastante impresionado o proxecto que se traen entre mans, sobre todo para defender a autentica LAMPREA DO MIÑO. Da forma de preparala non vou a falar, por que xa o fixen en outras ocasions, o que si teño que decir e que a carne de esta lamprea non ten nada que ver coa que eu estaba acostumado a facer, e unha das grandes diferencias que atopas xa é o limo que temos que quitar o principio, nada que ver baixo o meu punto de vista, e a carne e moito mais dura que a outra.  Teño que decir tamen, que cada ración de lamprea que se vende no Restaurante Portofino, levará a etiqueta identificativa, personalizada, na cal, a traves dun codigo QR, e coa axuda duns programas que hoxe teñen os moviles, a procedencia da lamprea, mais quen foi o pescador que a capturou e en que día. Pouco mais que decir que anirmarvos a que realmente os que sodes amantes deste tipo de peixe, a degustedes e despois digades se atopades ou non, diferencias coa que normalmente nos teñen acostumados a servir.