PINCHO DE RABO DE BOY EN COPA

PINCHO DE RABO DE BOY PRENSADO EN COPA CON RISOTTO DE VERDURIÑAS E BOLETUS EDULIS.
Ben, pois hoxe arranca unha nova proposta no RESTAURANTE PORTOFINO, trátase de elaborar platos que temos acotio na nosa carta e incluso en suxerencias, en porcións mais pequenas para que calquera dunha maneira mais informal, por decilo de algunha maneira, poida degustar estes pratos dunha forma mais coloquial, tomandose un viño, por exemplo. De este prato en concreto xa falei esta semana, do laborioso que era facelo, pois mais labor da montar de esta forma, pero queremos dar outra alternativa ós nosos clientes. Esta semana imos probar con esta iniciativa, si vemos que da resultado e a xente se anima, faremos o mesmo con outro tipo de presentacions cos demais pratos.