San Martiño ó forno sobre costra de Mariscos

Imos aló, San Martiño, en castelan " Pez de San Pedro", din as lendas que este peixe o colleu no seu dia o Apostolo San Pedro, por chamarlle moito a atencion a sua forma plana que tiña, e de feito podemos observar na fotografia como ten unha manchiña negra que din que e a pegada dos seus dedos ó agarrar o peixe, esta mesma marca tamen a ten no outro lombo.
E un peixe branco e con unha textura nas suas carnes, que cociñando no seu punto mais optimo ( esto quere decir sen pasalo moito) nos deixa unhas moi boas sensacions no noso padal.
A min persoalmente e un dos peixes que mais respeto dentro da cociña.
Eu teño unha preparacion na carta que e moi entretida e que coa combinacion de todos os productos se disfruta comendo este prato.
Este peixe non ten escamas, logo o unico que temos que facer e evisceralo, cortalles as aletas dorsais e superiores, para mais tarde antes de facelo, desespiñalo.
Vou empezar for facer o tema dos mariscos, coas cabezas dos mariscos, as peles de pelalos,  e a auga de abrir os mexilons e berberechos imos a facer unha reduccion dos xugos, que vai ser a unica salsa que conteña este prato, que tamen acompañarei con uns tirabeques, e como non unhas pataquiñas o vapor.
Bueno pero cando falamos de acompañar, tamen vou decir que eu personalmente tamen o disfrutaria con un viño que a min me agradou como e un Pazo de Barrantes, e como non se todo esto se fai en compaña dunha muller, xa seria o broche de ouro a toda unha homenaxe.