Solombo de Tenreira a Grella no medio da Horta

O solombo de tenreira, peza de primeira da nosa boa tenreira galega, unha vez despoxada das suas poucas grasas que conten, cortaremolo con un peso aproximado duns 200 grs, e marcaremolo na grella o noso gusto, e moi recomendable, debido o tipo de carne que estamos a falar, pasalo moi pouco, de feito e unha das pezas que pola sua tenrura podemos comer crua en diversas preparacions, sendo unhas das mais coñecidas o famoso " steak tartar" ou como non, incluso un carpaccio.
Feito este paso, o cal tamen e moi importante resaltar, que debe ir cando menos quente polo medio, vestiremolo con diversas gornicions, eu neste prato escollin  productos da horta, e como non, tamen lle engadin algo do monte sin esquencer as nosas pataquiñas preparadas en forma de pastel con bacon e queixo.
Tamen montei o prato con una salsa moi suabiña, que acotio e usada nas nosas cociñas, que e unha reducion de xugos de tenreira, pero eso si, sempre posta ó caron, por que si de verdade o que quereomos e degustar a peza asi soa, non a vou a estropear, napando neste caso cos xugos reducidos.


 

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Nacido no ano 1971, ó caron dunha familia humilde e traballadora, decido facer os meus estudos de cociñeiro, no I.F.P. de Lamas de Abade en Santiago de Compostela; rematados os estudos inicio a miña andaina profesional en diversos tipos de negocios hosteleiros, os cales, dedicandose a distintas actividades, me deron o saber e a experiencia que a dia de hoxe me recoñece.
Traballei en Hoteis, restaurantes de menus barateiros, restaurantes de bodas e banquetes, braserias, restaurantes de luxo e tamen tiben a miña propia experiencia como empresario ( a cal non me foi do todo ben), e agora na actualidade volvo a traballar por conta axena.
Por citar alguns dos restaurantes e hoteis onde traballei citarei; Hotel Congreso en Santiago de Compostela, Hotel Scala en Padron, Restaurante Balneario de Paco Feixo en Vilagarcia de Arousa, Restaurante Manolito na Coruña, O Pazo de Villariza en Pastoriza, o Asador  El Remanso en Perillo-Oleiros, e agora estou no Restaurante Gomez que esta situado en Arteixo xusto nos baixos do Hotel Arteixo-A Coruña.