SOLOMBO DE TENREIRA GALEGA CON FOIE EN SALSA DE MARMELO CON ESPARRAGOS VERDES E SETAS

Que vou decir do solombo de tenereira que non se coñeza ou se saiba, todos sabemos que é unha peza de primeira categoria, e que é a mais valiosa que ten a tenreira.
Pois e moi sinxelo este prato, no cal, utilizando o tipo de productos que o compoñen, e moi rico e entretido a hora de comer.
Vou utilizar ademais da peza codiciada e prestixiosa da tenreira, un medallon de foie de pato, que o faremos a prancha volta e volta, con un pouquiño de pementa negra moida e sal, pero só o final do prato.
Tamen vou facer unha sinfonia coas setas, para a cal  vou empregar uns fungos como son o boletus edulis, e logo champiñon silvestre, pleurotus silvestre, robellons, e unhas trompetiñas negras, todo esto o vou saltear, previamente limpas, nun pouquiño de aceite de oliva suave ou de 0,4º de accidez, e flamexalo con un chorriño de Xerez.
Vou facer a salsiña logo, nada mais sinxelo que utilizar un pouco de marmelo caseiro, o cal tamen o facemos na nosa casa, cos membrillos recolectados por a zona, sobre todo de Loureda, Celas de Peiro desta tarea se me encarga un amigo, o cal sempre e bo ter de man nestes casos, bueno pois eso, disolvo o marmelo nunha pouca salsa española ou demiglace e rectificoa buscandolle o punto desexado de sal, ollo o marmelo e dulce e ai que xogar moito co padal para que logo nos combine ben coa carne.
E pouco mais, utilizo as típicas patacas frixidas cortadas a española, un tomate confitado que vai debaixo dunhas ceboliñas tenras e un atadiño de esparragos verdes con baicon.
Un prato moi sinxelo pero que realmente merece a pena deleitar.