TARTA DE MAZAS DA ALDEA

  

Unha tarta de mazan, ummmm e con mazas da aldea, esas mazas pequeniñas, que logo de xa comer moitas en crú ó dereito da maceira, e facer compotas, xa un non sabe o que facer con elas.
Eu as mazas esas, tamen as uso para acompañar a caza, que como sabedes estes días estou coas xornadas, pero como teño tantas, decidinme por facer unha tartiña.
Explicovos os pasos a seguir, e animovos a que a fagades.
- O primeiro que debemos de facer sera a crema pasteleira, e moito mellor que este algo morna cando lla metamos encina da masa para colocar asi mais facil logo as mazas,  para esto precisaremos: leite, pola de canela, pela de laranxa, ovos, fariña e sucre.Poñeremos o leite a ferver cos aromas, a pola de canela mais a pel da laranxa lavada e pelada o mais fino posible. Logo nun bol ó baño maria montaremos os ovos co sucre coa axuda dun batedor de man ata que aumenten tres veces o seu tamaño, como se dun biscoito se tratase e xusto nese momento engadimos a fariña, e feito esto, o leite que temos fervendo coado encima, barillamos ben, e xa observamos como espesa a crema ó momento. Metemola estirada nunha fonte e filmamola inda que namais seña por cuestion de pouco tempo, asi evitaremos que nos faga unha costra por enrriba.
- O segundo que imos facer é unha pasta ou masa quebrantada, unha masa moi sinxela, a cal non quere que a amasemos moito, de
 ahí o seu nome.
Para esta masa imos empregar fariña de trigo, manteiga, sucre e ovos.
Pois ben, nun bol, poñemos a fariña a manteiga, recomendo esta deixala fora da neveira unhas horiñas a temperatura do ambiente xa que nos sera mellor de traballar, o sucre e mailos ovos, xuntamos ben todos os ingredintes e amasamos, so imos amasar ata que vexamos que todos os ingredintes lograron facer unha masa, non mais, xa que canto mais a amasemos  mais nos vai romper.



Deixamola repousar na neveira uns 15 ou 20 minutos, e estiramola con rodilo nunha mesa enfariñada, enfundamos o molde onde vaiamos a facer a tarta, preferiblemente que seña desmontabel, e poñemoslle garbanzos crus enriba presionando antes de fornear esta a uns 150 grados centigrados durante uns 12 minutos aproximadamente.
Retiramos os garbanzos e cubrimos coa crema pasteleira morna, seguro que inda non nos enfriou de todo, e por encima de forma bonita colocamos as mazas.
As mazás imolas pelar, sacarlle o corazón e mantelas nunha pouca agua con zume de limón, deste xeito evitamos que se poñan negras ou oxidadas.
Espolvoreamoslle un pouco de sucre por enrriba e forneamos a uns 180 ou 200 grados durante uns 15 minutiños.
Este tipo de maza non recomendo votarlle moito sucre, xa que ela en por si xa e doce, a mazá ideal para este tipo de tartas deberia de ser mais ben algo agria, temos a tabardilla ou reineta que serian ideais, e fariamos os mesmos pasos.



Cando a saquemos do forno, podemoslle dar unhas pinceladas con un pouco de marmelada de pexego ou maza,se temos, ou como fixen neste caso eu, deille unhas pinceladas con unha confitura de marmelo que tamen fixen caseiro.
Esta confitura consiste en non deixar facer o marmelo de todo, que coza menos tempo e desta maneira temos unha confitura moi natural para tostadas, cas que eu acompaño os pratos da caza, ou incluso para almorzar, recomendobola que e moi rica.
Como vedes e moi sinxela, non puxen cantidades da crema nin da masa, porque hoxe na rede temos moitisimas receitas similares, pero se alguen esta interesado en elas, non teria ningun problema en facilitalas, xa que as que eu uso, ben seguro que xa saen sempre.