Tartiña de Queixo con Froitos do Monte

Este é un dos postres que a min personalmente mais me gusta, pois pola sua textura e pola sua forma de presentalo, esta composto de ingredientes que a dia de hoxe todos podemos atopar, e calquera a pode facer sen ningun tipo de problema, os ingredientes que uso para esta tartiña son; queixo de philadelphia, nata liquida, azucre, zume de limón e unhas follas de xelatina. Para a base da tartiña emprego unhas galletas que van trituradas e misturadas con manteiga, e unha mistura perfecta e un fondo perfecto para esta tartiña.
Os froitos do bosque cociñoos con azucre para mais tarde trituralos e facer a salsiña que acompaña esta tarta, eu son partidario sempre de acompañar a salsiña o caron, para que cando degustes a tarta non che mate o sabor do queixo a salsa.
Para a montaxe do prato tamen emprego unha xelatiña de licor de cafe, que e tan sinxela como misturar en quente a xelatina co licor, unha vez esta hidratada na auga fria. Logo se corta da forma desexada.
Tamen enfeitizamos o prato cunha folliña de menta, e un anaco de tella de amendoa.