TIMBAL DE AÑO CON BACON EN SALSA DE DIJON

Pois hoxe vouvos falar dun prato que saquei novo, e como toda novidade, sempre a soio poñer primeiro nas suxerencias do día, e logo, se vexo que ten aceptación, e a xente fala ben del, pode chegar a pasar a carta, ou cando menos sempre o terei en consideración, neste caso podo decir que xa tibo un bo arranque, e que o vou a ter en conta.
Este prato si que ten o seu aquel, digamos que ten moita man de obra, e moito tempo de elaboracion, este año, cociño ó vacio durante unas 12 horas aproximadamente a moi baixa temperatura, para logo desosalo todo, e metelo nun timbal moi prensado, de ai o seu nome.
Cos osos do año, e con moitas verduriñas eille de amañar a salsa ou prebe que vai ser a que acompañe o timbal, e levará un lixeiro toque de mostaza Dijón, que baixo o meu punto de vista e de gusto, se leva moi ben co cordeiro.
Por outra banda, en vez de acompañar o prato de verduriñas, como soe ser habitual no meu estilo, decanteime por facer unha crema con; cantarelus, pleurotus, champiñons e tamen boletus edulis, co refinamento dun chisquiño de nata, o cal fai que se refine moito mais o sabor.
En canto o tema das pataquiñas rotas, nada mais sinxelo que pataquiñas cortadas en anaquiños moi pequeniños, o que se chamaria un corte en paisana ou dados, frixidas e postas debaixo do año, estas patacas tamen teño que decir que estan frixidas na graxa que vai soltar o año, de ai ese sabor a cordeiro.
E pouco mais amigos, decirvos que o prato foi todo un exito, e que da moito gusto que os clientes, confien nos novos pratos, e inda por riba cho agradezan comendo todo o do prato.