Vieira Asada ó Forno sobre puré de patacas ó Albariño

É un plato moi doado de facer, e distinto, outra forma de comer a vianda deste fenomenal marisco das nosas costas.
Case que vou empezar por facer o puré de pataca, por eso de que como ai que cocer as patacas, e lles leva aproximadamente uns 25 minutos, é o que mais me vai liar deste prato.
Namentras que as patacas estan a cocer, xa coa tona e un pouquiño de sal, poño a facer un pouco de caldo de peixe, tamen chamado nas cociñas fumet, con unha cabeziña de pescada que tiña gardada no conxelador, xa que o outro dia cando fun a pescaderia e lle dixen a peixeira que me limpase unha fantastica pescada e ma deslombara, tamen lle pedín a cabeza dela, para nesta ocasíon facer o fumet, aaaa e tamen lle quitei a riquisima e fantastica kokotxa que ten, inda que terei que xuntar un lote delas para disfrutar dunha boa homenaxe jejejejee; bueno pois este fumet e moi faciliño de facer cubrirei a cabeza da pescada con auga, e votareille unhas verduriñas que atope pola neveira, cenouras, cebola, algo de porro, perfectamente me serve o verde, unha rodaxa de limón, e unha folla de loureiro, poñereino ó lume e cando leve cocendo uns 20 minutos apagollo lume e pasareino por un chinés.
Xa teño namentras as patacas cocidas, quitolle a tona, metoas nun recipiente onde maís tarde lle poida meter a turmix, engadolle un pouco de nata, manteiga, unha xema de ovo e traballo coa maquiniña turmix, esto vai ser a base da vieira que agora mesmo vou con ela.
A vieira unha vez limpa de areas, e das faldas que a protexen dentro das suas cunchas, salgareina e dorareina nunha sarten a lume forte, para que me conserve todos os seus xugos dentro, e quede moi xugosa, votareille un pouquiño de albariño e rematoa no forno durante 4 minutiños.
Namentras, voume dispoñer a facer a salsa albariño, nada mais sinxelo que coller a manteiga, fundila e cando esta esté fundida engadolle fora do lume a fariña, poñereira unha vez traballada coa barilla o lume para que coza algo, e votolle un chorriño de viño branco albariño e o fumet quente que tiña coado previamente, buscolle o punto de sal e a salsa feita.
A montaxe do prato e tamen doada, poño na base o pure de pataca, sobre esta a vieira regada cos xugos que soltou, e termino coa salsa albariño, espolvoreandolle un pouquiño de ceboliño picado.
Sinceramente e un prato moi sencillo,e no que o noso paladar vai apreciar o verdadeiro e fantastico sabor deste gran marisco que temos nas nosas costas galegas.