VIEIRA E ROBALIZA MARIÑADA SOBRE VINAGRETA DE PEMENTOS VERMELLOS E VERDES

Imos facer un prato, moi, pero que moi sinxelo, no cal,  a maxima complixidade lla vou dar a cortar o peixe e a vieira moi fino, por decir algo; e tamen temos que xogar un pouco co sentido do gusto, para que o prato, ademais de fermoso que si o é, teña sentido a hora de comelo. Vou facer a vinagreta de pementos vermellos, primeiro vounos asar ó forno, pelalos e quitarlle as pepidas, unha vez feito este paso e frios, triturareinos botandolles tres partes de aceite de xirasol por unha de vinagre, vou empregar un vinagre con sabor a framboesa, sal e logo pasalo por un coador moi fino.
Esta vinagreta vai ser a que vaia debaixo da robaliza mais tarde, cando vos fale da montaxe do prato.
Vou proceder agora a facer a vinagreta de pementos verdes, que igual que fixen cos pementos vermellos os imos asar ó forno con un chorriño de aceite e sal, para logo despepidar e pelar, triturareinos con tres partes de aceite de xirasol, por unha de vinagre de viño normal.
Observaredes que tanto nunha vinagreta como na outra empregei aceite de xirasol, esto o fago porque o sabor e moito mais suave, quero que predomine o sabor do vinagre e do pemento, e tamen porque desta forma, non se me vai a callar o gardala na camara frigorifica.
Bueno decir que as vinagretas se as podemos deixar feitas do dia anterior moito mellor, desta forma concentraranse mais os sabores, estaran moito mais sabrosas.
Procedemos a cortar a robaliza, a poder ser con un coitelo moi afiado e que dobre ben, recomendo un coitelo xamoneiro ou transelador, e colocaremola encima de sal e regaremola con zume de laranxa, a mesma operacion faremos coa vieira.
Rematamos votando vinagreta vermella no prato por o lado de fora e no centro de pementos verdes, e colocaremos a robaliza encima da de pementos vermellos e a vieira encima da de pementos verdes.
Terminamos con un bon chorro de aceite de oliva virxe e un pouquiño de fiuncho.
Este prato teño que decir, que foi dun bo mestre que tiven chamado Paco Feixo que tamen foi un dos que me ensinou moitas cousas de cociña.